Monday 06 de May de 2024

O Concello abre a convocatoria dunha bolsa de traballo temporal para operarios do GES


• As persoas interesadas xa poden inscribirse na oficina municipal de asistencia en materia de rexistros do Concello e na sede electrónica municipal.

O Concello de Ortigueira anuncia a convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación laboral temporal de operarios ou operarias do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) mediante o sistema concurso – oposición.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou esta semana as bases deste proceso destinado a cubrir as ausencias que se produzan nos postos de operario ou operaria do GES municipal debido a situacións de excedencia ou suspensión de contrato e exceso ou acumulación de tarefas na actividade normal do servizo. “ Unha bolsa que permitirá dispoñer nos casos mencionados do persoal necesario, garantindo ou funcionamento do servizo para vos veciños e veciñas en calquera situación excepcional”, indica o alcalde do municipio, Juan Penabad Muras.

As persoas interesadas poderán presentar solicitudes nun prazo de dez días naturais a contar desde o 5 de xuño. Poderán realizarse as peticións na oficina municipal de asistencia en materia de rexistros do Concello de Ortigueira, en horario de 09:00 horas a 14:30 horas, e a través da sede electrónica do Concello https:// ortigueira. sedeelectronica.es/